Texto

 

1.       No seguinte texto faltan os acentos. Coloca o til onde corresponda. Xustifícao.

Disque os esquimos de Canada, Groenlandia e o norte de Alaska teñen ata nove ou dez maneiras diferentes de nomear a cor branca. Non sei se e exactamente asi. Pero en galego temos unha chea de denominacions para a choiva (orballo, cairo, ballon, bategada, mera, morriña, chuvasco, barrufa, barbaña, poalleira…) e mesmo para o verbo chorar (bagullar, nifrar, lagrimexar, lepear, chorar, gañir, choromicar, carpir...) segundo o momento e a circunstancia). (…)

E sentamos ollando o mar, diante da allada de Meira. Ali estaba a memoria do meu tio Alfredo, que foi quen me ensinou alguns destes segredos. A allada, por exemplo, que ainda non temos no dicionario normativo, e un asentamento manso no fondo do mar, perto da praia, a xeito de esteiro ou ensenada, onde contra a tardiña ven comer o peixe. Temos a allada de Meira, a allada de Tirán, a allada de Raxó… O meu tio Alfredo, que vivia da pesca da necora, a sardiña e o camaron, nunca ia a praia de festa. «A praia e para traballar», advertia cada vez que lle pediamos que viñese connosco os domingos a Lourido ou Campelo, na ria de Pontevedra.

Para os urbanitas pontevedreses, a praia era sempre a praia e na praia hai area, se acaso area seca ou mollada, pero area. Para os mariñeiros das rias, que son o mar do traballo, a area e distinta e ten varias denominacions, igual que a cor branca para os esquimos do artico. Hai area seca e area mollada, area gorda e area doce, area milla, tesal, fanco (onde come a ameixa, a cornicha, o croque, a vieira, a voandeira, o moelo e os relós), o bruhal (onde cria a necora e o camaron, e onde bolen os buraces), o cunchido (onde fai o niño o polvo)… Nomes diferentes para un universo rico onde cada cousa tiña o seu sitio e habia un sitio para cada cousa.

A marca que deixa o mar cando sube a marea e a mallante, e a hora da mallante sabemos que peixes poden caer no aparello. Na praza de Moaña unha zorra, que tamen pode ser un artefacto de transporte (na neve) ou para mover mercadorias no peirao, e o polvo vello e grandon que non quere ninguen, incomestible, por duro e reseso. O gaveiro e onde aniña e traballa o polvo, o seu tobo particular. As robalizas pequenas chamanlles cacheiras e, por moito que eu diga, una cousa e o peixe sapo e outra distinta a rabada, mais cativa e menos considerada. Sobre as cigalas hai discusion. Uns considerano un castelanismo. Outros argumentan co tamaño e a procedencia (dentro da ria e fora da ria). Logo estan os bruños, rabudas ou rapetas, que viven en castroeiras no fondo do mar. Unha riqueza. Unha verdadeira festa.

Victor F. Freixanes: “Lingua viva”, La Voz de Galicia, 19-09-2021.

 

2.       Infórmate. Quen e o autor do texto?

 

3.       Texto. Contesta as cuestións que se formularán na clase.

Comentarios